Lingua wyandot

Wyandot
Falado en: Estados Unidos de América, Canadá
Rexións: nordeste de Oklahoma, Quebec; preto de Sandwich, Ontario, e Wyandotte, Oklahoma
Extinción: O último falante morreu en 1972.[1]
Familia: Americana
 Iroqués
  Iroqués do norte
   Iroqués dos lagos
    Cinco Nacións
     Huroniano
      Wyandot
Escrita: latino modificado
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
ISO 639-3: wya
Mapa
Status

O wyandot está clasificado como en perigo crítico polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[2]
Falante de wyandot gravado nos Estados Unidos.

A lingua wyandot é unha lingua iroquesa falada tradicionalmente polo pobo wyandot ou hurón, descendentes dos wendat. Foi falado polos membros das comunidades de Oklahoma, nos Estados Unidos e do Quebec, no Canadá. O wyandot "morreu" como lingua falada hai un século, malia que hai iniciativas que pretenden a súa revitalización. A Nación Wyandotte de Oklahoma está ofrecendo clases de wyandot nas Escolas Públicas Wyandotte, graos K–4, e tamén no programa preescolar "Turtle-Tots" da Nación Wyandotte. A comunidade Wendat do Quebec está ofrecendo clases para nenos e adultos en lingua wyandot no colexio de Wendake.

  1. Pulte, William. 1999. "The Last Speaker of Wyandot". Algonquian and Iroquoian Linguistics 24(4):43-44.
  2. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search